Postagens

Mostrando postagens de maio, 2017

Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación. Reflexión final do curso.

Imagem
Neste curso quedoume clara, ante todo, unha cousa: definitivamente, son unha profe TIC. É dicir, vexo as novas tecnoloxías como unha ferramenta imprescindible para o día a día nas aulas. Útil para motivar ao alumnado e, ao mesmo tempo, para estar motivada tamén como profesora.  Xa hai uns anos que emprego diferentes ferramentas que se trataron neste curso (Google Drive, Twitter, Feedly, etc.), pero aprendín outras que non coñecía e profundicei nas que xa empregaba.  Teño en mente moitos proxectos para o futuro nos que vou empregar as novas tecnoloxías. Algúns xa os teño en marcha. Por exemplo, o meu alumnado traballa dende o Google Drive habitualmente. Asígnolles tarefas como pequenas investigacións, creacións de textos, cuestionarios. Compártenos comigo e entre eles/as e logo eu voulles inserindo comentarios con suxestións, correccións ou ideas que considero que melloran a súa aprendizaxe. E creo que os resultados están a ser moi positivos.  Tamén me comunico co a