Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño.
Ola blogueir@s! Hoxe ides investigar sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013 : Roberto Vidal Bolaño. Para iso, debedes responder ás PREGUNTAS que tedes máis abaixo. Déixovos tamén unhas ligazóns onde podedes buscar toda a información. 1. Cal foi o primeiro grupo de teatro que fundou Vidal Bolaño no ano 1975? 2. Que grande dramaturgo da literatura española influíu na obra de Vidal Bolaño? 3. Con que peza teatral gañou o Premio Abrente en 1980? 4. En que revista se publicou, uns meses antes da morte do dramaturgo, o seu monólogo “sen ir máis lonxe”? 5. Que idade tiña Vidal Bolaño cando faleceu ? 6. É certo que, ademais de escribir teatro, foi tamén actor, director e iluminador na escena galega? 7. En que década se produciu realmente o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño, grazas á obtención de galardóns como o “Rafael Dieste” ou o “Álvaro Cunqueiro”? 8. O Centro Dramático Galego está a representar unha das obras de Vidal Bolaño n