Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño.

Ola blogueir@s!
Hoxe ides investigar sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño.

Para iso, debedes responder ás PREGUNTAS que tedes máis abaixo. Déixovos tamén unhas ligazóns onde podedes buscar toda a información.


1. Cal foi o primeiro grupo de teatro que fundou Vidal Bolaño no ano 1975?


2. Que grande dramaturgo da literatura española influíu na obra de Vidal Bolaño?


3. Con que peza teatral gañou o Premio Abrente en 1980?


4. En que revista se publicou, uns meses antes da morte do dramaturgo, o seu monólogo “sen ir máis lonxe”?


5. Que idade tiña Vidal Bolaño cando faleceu ?


6. É certo que, ademais de escribir teatro, foi tamén actor, director e iluminador na escena galega?


7. En que década se produciu realmente o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño, grazas á obtención de galardóns como o “Rafael Dieste” ou o “Álvaro Cunqueiro”?


8. O Centro Dramático Galego está a representar unha das obras de Vidal Bolaño no Salón Teatro de Santiago de Compostela, como homenaxe ao autor. De que obra se trata?



A GRAN PREGUNTA


Explica a que se refire a seguinte afirmación:
“Roberto Vidal Bolaño foi un autor radicalmente monolingüe en galego”.


Vidal Bolaño na Galipedia
Real Academia Galega
Biblioteca Virtual Galega
Centro Dramático Galego
Asociación R. Vidal Bolaño
Recursos feitos por un centro educativo
Actividades entretidas
Reportaxe sobre Vidal Bolaño
Vídeo no Youtube

A traballar!!!!

Comentários

Postagens mais visitadas deste blog

As redes sociais na educación