Postagens

Mostrando postagens de 2012

O APALPADOR

DEIXADE AQUÍ OS VOSOS COMENTARIOS SOBRE ESTE PERSONAXE MITOLÓXICO TAN NOSO E TAN PROPIO DESTA ÉPOCA.

SERES MÍTICOS

Imos comezar con algo de mitoloxía. Da nosa, da propia de Galicia, pero tamén botaremos unha ollada ó que hai noutras terras. Déixovos aquí unhas ligazóns onde se fala de seres mitolóxicos. Botádelles un ollo. Mitoloxía en xeral, con moi boas imaxes. Mitoloxía galega na Wikipedia. Blogue de seres míticos galegos. Galicia encantada. Agora debedes escribir un MICRORRELATO (arredor de 150 palabras) póndovos na pel do ser mitolóxico que vós queirades. Contádenos como é, os seus costumes, onde vive, etc. Ai, e facédeo en primeira persoa. Deica a próxima tarefa.

Benvida

Benvidas e benvidos, blogueiros todos. Agardo que o blogue sexa da vosa utilidade. Xa vos oio. Estades preguntando: Que cousas imos atopar neste blogue? E eu respóndovos: Todo tipo de asuntos relacionados coa nosa lingua. Si, refírome ó galego, unha lingua tan fermosa que serve para moitísimas cousas. Por exemplo: para engaiolar a outra persoa e que caia ós nosos pés. De aí o nome do blogue: Lingua de Namorar. Saúdos para tod@s!!!!