Postagens

Mostrando postagens de abril, 2017

Curación de contidos

Imagem
Que tal, navegantes? Hoxe imos falar da curación de contidos. Esta palabra podémola relacionar co verbo latino "curare", coidar, no sentido de "encargarse de algo" ou "aplicarse".  A curación de contidos consiste en filtrar información e integrala en novos contidos. Un "curador/a de contidos" selecciona na rede aquela información sobre un tema específico no que é experto/a e que considera que pode ser útil para unha comunidade. No noso caso, na educación, os curadores de contidos somos, en primeira instancia, os docentes. Nós filtramos información que poida ser útil no proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado e inserímola en novos contidos, compartíndoa con alumnos/as mediante as redes sociais.  Da mesma maneira, unha aprendizaxe moi importante que podemos transmitir ao alumnado é aprenderlles a seren tamén curadores de contidos e a compartir a información que vaian filtrando e agrupando.  Que ferramenta propoñemos para a cur

As redes sociais na educación

Imagem
Bos días, blogueir@s!! Hoxe imos falar das redes sociais. Si, iso que empregades a diario. Sabiades que se pode aprender moitísimo con elas? Pois si, como volo conto. Non deixedes de empregalas. Podedes usalas para seguir temas que vos interesen, contidos educativos, científicos, literarios. Eu, por exemplo, sigo no Twitter e no Facebook as páxinas de escritoras e escritores que me interesan, editoriais, asociacións de autores, etc. E así vou coñecendo as novidades do mundiño dos libros, que tanto me apaixona.  Que dicides? Non sabedes como usar as redes sociais?  Don't worry! Déixovos unhas ligazóns detalladiñas onde se vos explica.  http://es.wikihow.com/usar-Facebook https://www.marketingwebmadrid.es/como-usar-twitter-tutorial/ E agora, a darlle ó "gústame" e a rechouchiar!! Lémonos! 👋👋