Curación de contidos




Que tal, navegantes?
Hoxe imos falar da curación de contidos. Esta palabra podémola relacionar co verbo latino "curare", coidar, no sentido de "encargarse de algo" ou "aplicarse". 
A curación de contidos consiste en filtrar información e integrala en novos contidos. Un "curador/a de contidos" selecciona na rede aquela información sobre un tema específico no que é experto/a e que considera que pode ser útil para unha comunidade.
No noso caso, na educación, os curadores de contidos somos, en primeira instancia, os docentes. Nós filtramos información que poida ser útil no proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado e inserímola en novos contidos, compartíndoa con alumnos/as mediante as redes sociais. 
Da mesma maneira, unha aprendizaxe moi importante que podemos transmitir ao alumnado é aprenderlles a seren tamén curadores de contidos e a compartir a información que vaian filtrando e agrupando. 
Que ferramenta propoñemos para a curación de contidos?
Pois hoxe imos escoller Pinterest, por ser unha web que nos permite crear taboleiros virtuais onde ir inserindo a información que consideramos útil para nós e para unha comunidade. Permítenos tamén compartir esa información e ten unha "interface" moi atractiva. É rápido, doado de usar... e moi de moda. 
Animádevos a crear os vosos taboleiros dun xeito rápido e sinxelo. Podedes facelo tamén dende o móbil ou a tablet, pois Pinterest ten aplicacións para os principais dispositivos. 

Queredes saber máis sobre a curación de contidos? 
Pois botádelle unha vista de ollos a este site ou a estoutro.








Comentários

Postagens mais visitadas deste blog

As redes sociais na educación